viernes, 2 de mayo de 2014

Emys orbicularis en Ourense

Mostramos un pequeno vídeo realizado na provincia de Ourense (omitimos localidade para evitar molestias a esta especie) sobre un par de exemplares de Emys orbicularis, especie En perigo de extinción no Catálogo Galega de Especies Ameazadas. Desde logo, observación como esta dan unha alegría a todos os que desfrutamos de buscar e ver anfibios e réptiles.

3 comentarios:

  1. Unha observación extraordinaria, Mariño!. Os meus parabéns a todos os que formastes parte dela. Quizá esteamos ante unhas imaxes históricas, coma ben sabes.
    E escrébeme ao privado o lugar do avistamento ou te retiro a palabra de por vida, macho. "Bichos e demáis familia" ten que publicar algo sobre este tesouro natural antes de se extinguiren, como lle dixen a César. A ver se este ano dispoño de tempo para un desprazamento ao sur de Galiza.
    Un abrazo e, de novo, parabéns!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas. Desde logo é unha observación moi chula. Para os que non estamos especializados nos sapoconchos, ver esta especie non é moi habitual e, desde logo que alegra o día.
      Unha aperta,
      Martiño

      Eliminar