Acabo de subir os arquivos coa nova funcionalidade. Esta atópase ó final da ficha de inclusión de datos, logo do campo de observacións:

Debe introducirse o enlace baixo o campo Arquivo anexo (Dirección). Logo de actualizar a base de datos (premer F9) aparecerá baixo o campo Arquivo anexo (Enlace) a palabra
Enlace, na que se pode premer e abrir directamente o arquivo enlazado.
Grazas a Damián pola súa axuda, xa que esta nova funcionalidade foi suxerida por el.
Xa tardaba un blogue de hérpetos galegos feito por Martiño Cabana! Estaba o da A.H.G., pero parecía que faltaba "algo" máis no panorama blogueiro herpetolóxico. Parabéns.
ResponderEliminarXa sabes que me terás coma fiel seguidor.
Un abrazo.
Graciñas Xabi. A ver se dou reformado o blog e comezo a darlle caña.
ResponderEliminarUnha aperta,
Martiño